O día 21 de xuño, o Concello de Coristanco en colaboración con Agaela (Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica) quere deixar constancia de que “a ELA existe” no seu Día Internacional. Esta é unha enfermidade neurodexenerativa incurable, progresivamente incapacitante. O Concello de Coristanco en especial quere homenaxear a Genaro, quen colaboradou co concello nos Obradoiros de Reflexións en Voz Alta de artistas e artesáns locais, onde fixo unha mostra das súas labores de Cestería e ensinounos que os obstáculos se poden converter en fortalezadas, sendo un aliciente para lograr as súas metas e así conseguir facer o que realmente lle entusiasma, conseguiu converter as labores de cestería na súa paixón. Encargados de inaugurar este espazo, Genaro en colaboración con Isabel deron unha clase maxistral non so das labores de cestería, senón de complicidade e apoio mutuo. A ELA afecta non solo a enfermos senón que actúa coma unha bomba de racimo golpeando duramente o entorno da persoa enferma. Un enfermo de ELA precisa cuidados as 24 h o día, recaendo esta labor na maioría dos casos nun familiar.

Por isto, o Concello de Coristanco quere apoiar esta inciativa e homenaxear ás persoas que sofren esta doenza e as súas familias que loitan diariamente con ela. #LuzporlaELa #aELAexiste #21dexuñode2020