Ven a festexar o noso día! Acompáñanos este luns, 24 de outubro, para celebrar o Día das Bibliotecas!
📚17h, actividades previas na Biblioteca
🔎18h, Scape Room Magic, con Elisa e Ian
Cunha mestura de maxia, misterio e probas nunca vista, os nosos/as pequenos/as investigadores/as (o público) resolverán grandes misterios e desfrutarán dunha amena representación. As actividades e xogos deste espectáculo comenzarán para os nenos e nenas uns intres antes da actuación cunhas actividades previas desenvolvidas na biblioteca e seguirán despois do espectáculo, cunha pequena sorpresa, para o desfrute de toda a familia.
Público/s ao/aos que vai dirixido:
Nenas e nenos a partir de 3 anos. Público familiar
Duración:
45 minutos
Para inscribirse ou máis información:
📞651 664 908
📧 biblioteca@coristanco.gal