O Concello de Coristanco, enmarcado no programa #ninunhacadeiramáisbaleira que se desenvolve un ano máis durante o mes de novembro, organiza a Masterclass de defensa persoal impartida por Daniel Antelo, Instructor Internacional de Krav Maga TML. Durante a formación as participantes adquirirán nocións básicas de actuación ante unha posible agresión ou ataque.

  • Día: 24 de novembro de 2021
  • Hora: ás 18h e ás 19h.
  • Lugar: Salón de Actos, Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco

Necesaria inscrición previa a través das seguintes canles:
☎ 651 664 908
📧 biblioteca@coristanco.gal

#ninunhacadeiramásbaleira #ninunhacadeiramaisbaleira #25n #defensapersoal #kravmaga #kravmagatml #coristanco