Temos a gran sorte de poder acoller, o vindeiro luns 20 de novembro ás 18.30h no Edificio de Servizos Múltiples, a presentación do libro “O que me quedaba por dicirche” de Alberto Mancebo Tvg.

Neste acto, o xornalista e escritor convidaranos a inserirnos nunha “historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista co que calquera persoa se podería identificar”.

Alberto Mancebo estará acompañado por José Luis Castro González, Xefe do Departamento de Lingua Castelá e Literatura e Coordinador da Biblioteca Manuel María do IES Urbano Lugrís de Malpica; moderador e relator do acto.