A Área Sanitaria da Coruña e Cee continúa realizando unha intensa actividade para buscar casos positivos de Covid-19.

Xoves 5 de agosto pola tarde (15:30 a 19:45) terá lugar un cribado de poboación no Concello de Coristanco mediante unha proba de PCR a residentes de entre 16 e 25 anos.
📍O lugar elixido é o Centro de Saúde de Coristanco.

Todos os veciños deste municipio pertencentes ao grupo de idade establecido (260 aprox.), serán convocados por mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles.

Pedimos a máxima colaboración posible.