Os concellos de Cabana, Ponteceso, Coristanco, Laxe e Malpica coordinan a que será a oitava edición do campamento deportivo Costa Bergantiñá. A presentación tivo lugar onte ao mediodía no centro comarcal de Buño. Entre os asistentes estiveron os concelleiros Manuel Torrado (Malpica), Clarisa Couto (Coristanco), Mar Durán (Ponteceso), Carlos Allo (Cabana) e Dolores Hortas, representante da área de deportes da Deputación.

As actividades arrincarán o 7 de xullo e prolongaranse ata o venres día 11. Este campus itinerante empezará en Cabana e concluirá en Laxe. Entre medias pasará por Coristanco, Ponteceso e Malpica.

Este campamento está destinado a mozos nacidos entre os anos 2000 e 2007, e o prezo das inscricións oscilan entre os 22 e 25 euros, en función de se o menor está empadroado nestes concellos. O prazo para anotarse comezará o 23 de xuño e finalizará o 2 de xullo.

Os rapaces gozarán de numerosas actividades, como piragüismo, natación xogos ao aire libre, surf… E como actividade principal Costa Bergantiñá inclúe unha saída a Asturias, prevista para os días 28 e 29 de xullo. Os interesados deberán pagar entre 50 e 60 euros e a viaxe incluirá facer o descenso do Sela en piragua e unha ruta en bicicleta pola Senda do Oso.

Fonte: La Voz de Galicia