Os afeccionados á columbicultura teñen esta fin de semana unha cita en Coristanco. Hoxe sábado e mañá domingo celébrase no pavillón municipal o Campionato Galego de Pombas de Raza, que inclúe unha exposición aberta a todo o público. A cita está organizada polo Club Asociación Columbicultura Bergantiños, con sede na Laracha, que conta coa colaboración do Concello de Coristanco, a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Columbicultura. A exposición estará aberta hoxe de 10 a 14 e de 16 a 19 horas e mañá de 10 a 14 horas.

campionato galego de pombas reducida