ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL – CORISTANCO

ANUNCIO

Convocatoria e bases selección traballador/a social funcionario/a interino/a por acumulación de tarefas.

Por decreto núm. 609/2020 con data 25 de xuño de 2020, aprobáronse as bases e convocatoria do proceso selectivo para o nomeamento dun/ha traballador/a social funcionario/a interino/a por acumulación de tarefas do Concello de Coristanco.

Tal e como establecen as bases reguladoras desta convocatoria, o prazo de presentación de instancias é de catro días laborais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.