Publicación do texto íntegro da proposta da aprobación da redacción dunha nova Ordenanza municipal do SAF, a Providencia da Alcaldía e a consulta pública previa á aprobación polo Pleno da Ordenanza municipal reguladora do Servizo de Axuda no Fogar; durante os cales os interesados poderán presentar as súas propostas á redacción definitiva do texto.

Ver PROPOSTA ORDENANZA (SAF)

Ver PROVIDENCIA CONSULTA PREVIA (SAF)

Ver CONSULTA PÚBLICA (SAF)

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos dende o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal (https://www.coristanco.gal/) e na sede electrónica municipal (https://sede.coristanco.gal/) ata o 23 de xullo de 2025 mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.