O Concello de Coristanco neste 2021 co obxecto da promoción e o apoio ao comercio local, premiará o esforzo e a súa implicación na mellora da imaxe comercial dos establecementos do municipio, coa dotación de galardóns aos mellores escaparates de nadal.

Premiaranse os escaparates mellor decorados en función de criterios de orixinalidade, calidade artística, iluminación, composición, esforzo e eficacia comercial.

SOLICITUDES

Efectuaranse dende o 1 ata o 17 de decembro de 2021, no Rexistro de Entrada do Concello de Coristanco.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

  • Os escaparates non poderán desmontarse antes do 7 de xaneiro de 2022, co obxecto de que poidan contemplarse durante as festas de Nadal.
  • Os comercios participantes están obrigados a manter o escaparate iluminado e nas condicións que permita ao xurado valoralo no seu conxunto así como manter a iluminación, cando menos, ata as 21h, entre os días 18 de decembro de 2021 e 7 de xaneiro de 2022.

PREMIOS

Os premios outorgaranse en función da puntuación que lle asine o xurado ao analizar os diferentes criterios de valoración.

Concederanse tres premios distribuídos da seguinte forma:

  • 1ºPremio: 300€
  • 2º Premio: 200€
  • 3º Premio: 100€

+ Consulta as bases AQUÍ

DESCARGA a solicitude de participación AQUÍ

VER proposta de resolución