O Concello de Coristanco neste 2021 co obxecto de promover e apoiar ao comercio local e exaltar o noso produto por excelencia, pon en marcha unha iniciativa para mellorar a imaxe comercial dos establecementos e engalanar así o noso municipio nestas datas tan especiais.
Premiaranse os escaparates mellor decorados en función de criterios artísticos, técnicos e comerciais, e valorarase a evocación de elementos identitarios de Coristanco co emprego da pataca como elemento base.
INSCRICIÓNS
Efectuaranse ata o 16 de setembro de 2021 no Rexistro Xeral do Concello.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
Os escaparates deberán estar colocados entre o 17 e o 20 de setembro de 2021, período en que os membros do tribunal procederán á súa valoración.
Os premios outorgaranse en función da puntuación que lle asine o xurado ao analizar os diferentes criterios de valoración.
PREMIOS
Concederanse cinco premios distribuídos da seguinte forma:
- 1ºPremio: 300€
- 2º Premio: 200€
- 3º Premio: 100€
- 4º e 5º Premio: 50€
>> Consulta as bases na seguinte ligazón:
https://sede.coristanco.gal/opencms/es/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20210908110007562.html