O consistorio coristanqués deu a coñecer aos gañadores do concurso de Escaparates de Nadal. No certame valorouse a orixinalidade, a calidade artística, a iluminación, o esforzo e a eficacia comercial.

 

  1. Primeiro premio: “Peluquería Patricia”
  2. Segundo premio: “ Manualidades As Fías”
  3. Terceiro premio: “Peluquería Berta”

Os concursantes “Agro-Xardín Riveiro”, “Salón Lorena Varela” e “Farmacia Catrain” tamén recibiron un agasallo pola súa participación.

 

O Concello de Coristanco dálle os seus parabéns aos gañadores e agradece a todos os participantes o seu labor na mellora da imaxe comercial do municipio así como tamén animar aos veciños e visitantes neste nadal.