Un ano máis, dende o Concello de Coristanco poñemos en marcha o Concurso de Escaparates de Nadal 2025, unha iniciativa pensada para dar vida ás nosas rúas, apoiar ao comercio local e encher o noso municipio da maxia propia destas datas.

Quen pode participar?

Todos os establecementos comerciais do Concello que dispoñan de escaparate.

Prazos importantes:

  • Presentación de solicitudes: do 1 ao 18 de decembro de 2025.
  • Escaparates preparados: antes das 19:00 h do 18 de decembro.
  • Permanencia da decoración: ata o 7 de xaneiro de 2026.

Premios aos mellores escaparates:

  • 1º Premio – 300 €
  • 2º Premio – 200 €
  • 3º Premio – 100 €

** Valorarase a orixinalidade, a calidade artística, a iluminación, o esforzo e a eficacia comercial de cada proposta **

> Accede ás bases completas AQUÍ

DESCARGAR SOLICITUDE AQUÍ (anexo 1)

DESCARGAR Declaración Responsable AQUÍ (anexo 2)

Animamos a todos os comercios a participar e a contribuír a crear entre todos e todas un Coristanco máis fermoso, acolledor e cheo de espírito de Nadal