O vindeiro luns 15 de abril, ábrese o prazo para realizar a preinscrición no Campamento de Conciliación de Verán do Concello de Coristanco co obxectivo de ofertar unha interesante e atractiva opción de conciliación de período estival; aprender xogando e convivindo cos demais e co entorno que nos rodea, descubrindo no deporte e na natureza as mellores fontes de ocio.