Tras o inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, dende CHEGA700 infórmannos da posibilidade de sufrir afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).
Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade CHEGA700 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.
O vindeiro 31-07-2024, finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.
Se os/as veciños/as detectasen algún tipo de problema na visualización das canles da TDT lembrarlles que poden poñerse en contacto para comunicar a incidencia a través de:
900 833 999