O Concello de Coristanco co obxectivo de manter un contacto eficaz, respectando as leis e regulacións de protección de datos, e coidar a privacidade na comunicación, a partir de agora enviaremos todas as nosas comunicacións a través de TokApp. Esta aplicación móbil permite mellorar a comunicación entre institucións e usuarios. Desta maneira, recibiredes toda a información habitual e os avisos importantes sobre eventos, actuacións, axudas… no voso móbil ao instante, asemade de responder as mensaxes cando así o solicitemos. Recibirá ditas notificacións na aplicación, a través de correo electrónico e incluso a través de SMS.
Para acceder a este novo servizo de comunicación, debedes remitir ao departamento de Cultura do Concello a autorización cuberta para a súa posterior introdución na base de datos municipal, o formulario:
- De forma presencial na Biblioteca Municipal.
- A través do correo electrónico biblioteca@coristanco.gal
DESCARGA a AUTORIZACIÓN en Galego
DESCARGA a AUTORIZACIÓN en Castellano
Unha vez entregada a autorización, debedes descargar a App de TokApp seguindo as seguintes instrucións:
- Entra na App Store ou Play Store
- Busca TokApp e descargar. É de balde.
- Seguir os pasos para crear usuario, usando o mesmo correo electrónico ou teléfono que nos facilitastes no concello.
- Esperade a recibir as nosas mensaxes.
Ver carta circular en Galego
Ver carta circular en Castellano
Para máis información:
Teléfono: 651 664 908