O concello de Coristanco está situado ó oeste de Galicia e da provincia da Coruña, da que forma parte.Limita polo norte cos concellos de Ponteceso e Carballo, polo leste, cos de Carballo e Tordoia, polo sur co concello de Santa Comba, e polo oeste, cos de Zas e Cabana.

Coristanco pertence a comarca de Bergantiños e conta con quince parroquias: Agualada, Creo, Coristanco, Couso, Cuns, Erbecedo, Ferreira, Oca, San Xusto, Santa Baia de Castro, Seavia, Traba, Valenza, Verdes e Xaviña. A capital do concello está situada en San Roque.

A nosa situación xeográfica é: latitude, 43º 11´, Norte e a lonxitude de 8º43´7, Oeste, tendo unha altitude de 140 metros sobre o nivel do mar. O río mais importante é o Anllóns, cos seus afluentes: Balsa, Gatos,Grela, Mela, Vado e Lubián. As elevacións mais destacadas son O Castelo, 569 metros, Picotos, 490 metros, e Portada, 482 metros.

 

Transporte público da ruta Rial-Centro Médico de Carballo
Ver as Rutas e Horarios

Coristanco en datos

O concello de Coristanco conta cunha poboación de 6.875 habitantes, dos cales 3.289 son homes e 3.586 son mulleres. Segundo o censo do Instituto Nacional de Estadística do ano 2013 a maioría dos coristanqueses sitúanse na franxe comprendida entre os 16 e os 64 anos, sumando 4.150 habitantes. Na franxa entre 0 a 15 anos hai 658 veciños e na de 65 adiante son 2.067.

A idade media está nos 49,9 anos, sendo a que corresponde as mulleres mais alta(51,5) que a dos homes(48,2).

O noso termo municipal conta con 225 explotacións de gando bovino cunhas 4.454 cabezas(datos 2012). A renda bruta dispoñible por habitante é de 12.213 euros(IGE 2009). En marzo de 2014 había 2.042 persoas en alta laboral, das cales unha grande maioría están vencellados ao sector servizos(961) por diante da industria(440), construcción(366) e agricultura e pesca(269).