O Grupo Xuvenil de Íntegro en colaboración co Concello de Coristanco e integrado no programa de Iniciativa Xove “Coidemos o noso Entorno”, realizará este venres 18 de setembro unha nova acción medioambiental nos montes de Penavia e Monte Aberto, na parroquia de Seavia. Este programa, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, consistirá na recollida de residuos en ditos lugares.

A asociación Íntegro é unha entidade social que, sen ánimo de lucro, promove a inclusión social de persoas con diversidade funcional dende 1992. Dende o Concello, queremos agradecer a súa implicación nesta iniciativa medioambiental e desexamos facer chegar os nosos parabéns pola gran labor que a acotío realizan.