Durante esta mañá, o grupo xuvenil de Íntegro, estivo realizando labores de recollida de residuos nos montes de Penavia e Monte Aberto. Esta actividade está integrada no programa de Iniciativa xove “Coidemos o noso Entorno” e promovida pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Dende o Concello agradecemos o esforzo e desempeño que realizaron estes mozos durante a xornada en beneficio e coidado dos nosos montes.