Este martes, un grupo de voluntarios realizaron tarefas de recollida de lixo e acondicionamento en varios puntos da contorna do Refuxio de #Verdes.

Dende o Concello de Coristanco queremos agradecer esta implicación para a conservación e posta en valor dos espazos naturais do municipio e chamamos á colaboración de todos os visitantes deste entorno a coidar e mimar este paraxe natural incluído na #REDNATURA e declarado #LIC (LUGAR DE IMPORTANCIA COMUNITARIA).

Este coidado implica erradicar todas aquelas condutas e malos hábitos que levan a sucidade e a contaminación a este recuncho tan prodixioso.