Precisamos do compromiso de todXs para conseguir poñer freo á expansión do virus. Debemos dirixir todos os nosos esforzos en cumprir de xeito estrito todas as medidas e recomendacións das autoridades sanitarias e limitar de xeito drástico todas aquelas condutas que poidan ser de risco para a nosa saúde e a dos demais.

USA SEMPRE A MÁSCARA.

MANTÉN A DISTANCIA INTERPERSOAL.

LAVA AS MANS.

Evita tocar BOCA, NARIZ e OLLOS.

Ao tusir, CUBRE a boca co cóbado ou pano dun só uso.

EVITA no posible os ambientes interiores concorridos e mal ventilados.

REDUCE o tempo de permanencia en ambientes interiores.