A Xunta de Galicia pon en marcha o programa de #CoidadosPortaAPorta, que recorrerá todos os concellos de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a máis de 100.000 gallegos.

Que servizos se prestan?

🦶 Servizo de podología: Consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.

👂🦻 Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

🧠 Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica de cómo prever e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

A quen vai dirixido?

Destes servizos poden beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Como se leva a cada localidade?

Oito autobuses recorrerán as máis de 300 localidades con profesionaies de cada unha das especialidades. Permanecerán entre tres e catro días en cada concello atendendo con cita previa.

📞 Como pido cita?

Pode solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal