Máis de 70 voluntarios participarán hoxe na xornada de recollida de residuos de #MaresCirculares no río Anllóns ao seu paso polo Refuxio de Verdes. Esta actividade, festexada a nivel nacional xunto a outras oito limpezas de entornos acuáticos durante toda a semana, está organizada por Coca-Cola coa colaboración da asociación Chelonia , o Concello de Coristanco, o Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa e as Asociacións de #Pesca e de Veciños de #Verdes.
O alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, e a xefa de Comunicación da Rexión Noroeste de Coca-Cola Europacific Partners Iberia, María Sande, serán os encargados de dar a benvida aos voluntarios ás 9.30h da mañá.
A limpeza desenvolverase a partir das 10.30 horas.