
Máis de 70 voluntarios participaron o pasado venres nunha intensa xornada de recollida de residuos acompañando a iniciativa de MaresCirculares no río Anllóns ao seu paso polo Refuxio de Verdes.
Esta actividade estivo organizada por Coca-Cola coa colaboración da asociación Chelonia , o Concello de Coristanco, o Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa e as Asociacións de Pesca e de Veciños de Verdes.
Dende o Concello de Coristanco queremos agradecer a gran implicación nos labores de coidado do noso entorno e a súa contribución na iniciativa.