O vindeiro martes día 1, no Edificio de Servizos Múltiples, terá lugar unha interesante charla sobre o uso de internet e menores, que organiza o CEIP da Braña (A Canosa-Rus) e que será impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Informática de Galiza e coa colaboración do Centro de Formación e Recursos da Coruña.
O acto é aberto e de entrada libre para toda aquela persoa interesada no tema.