Dende o Concello de Coristanco lanzamos un chamamento á participación na “Gran Recollida de Alimentos” que organiza o Banco de Alimentos.

Este ano por mor da situación actual de pandemia, a campaña realizarase de forma diferente. Non se recollerán alimentos nos supermercados, evitando así o contacto con persoas, bolsas e alimentos. Este ano, as persoas que queiran colaborar o farán nas caixas no momento de pagar. O importe da sua doazón aparecerá no tícket de compra, e o Banco, despois, comprará co diñeiro recadado os alimentos mais axeitados que precise nese intre.

Do 16 ao 21 de novembro, coa colaboración de Carrefour Coristanco, poderán facer as súas doazóns nas instalacións do hipermercado.

Dende a Casa Consistorial agradecemos ao Banco de Alimentos e a todo o seu persoal o labor encomiábel que realizan, o seu esforzo e implicación fan posible esta gran iniciativa solidaria.