📣 A crise xerada polo COVID-19 🦠 está impulsando o teletraballo e tamén o aumento de ciberataques.
✍O Centro Criptolóxico Nacional (CCN-CERT) fomenta a formación en ciberseguridade cun novo curso online gratuíto sobre principios e recomendacións básicas en ciberseguridade: https://www.ccn-cert.cni.es/elearning/course/view.php?id=326
A duración do curso é de ⏱10 horas e trata temas como a protección do correo electrónico, navegación segura, virtualización, seguridade en dispositivos móbiles e redes inalámbricas, entre outros contidos.
O curso consta de dúas modalidades: unha pública 🔓, para todas las persoas que desexen realizalo; e outra privada 🔐, para os usuarios rexistrados no portal do CCN-CERT que desexen recibir un certificado de superación.
Ademais, na súa web podedes consultar o Informe de Recomendacións de seguridade para situacións de teletraballo e reforzo en vixilancia: https://www.ccn-cert.cni.es/informes/informes-ccn-cert-publicos/4691-ccn-cert-bp-18-recomendaciones-de-seguridad-para-situaciones-de-teletrabajo-y-refuerzo-en-vigilancia-1/file.html