O Concello ampliará a rede de locais sociais cos fondos do POS 2015

O goberno municipal de Coristanco está a realizar unha forte aposta por mellorar e crear novas infraestruturas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. Xunto ao plan de construción e acondicionamento de prazas e parques públicos, grazas aos fondos do POS 2015, financiado pola Deputación Provincial da Coruña, o vindeiro ano será posible ampliar tamén a rede de locais sociais…

O Coro de Cámara Madrigalia actuará este domingo na igrexa de Xaviña

O Coro de Cámara de Galicia Madrigalia actuará este domingo na igrexa parroquial de Santo Tomás de Xaviña (Coristanco). A agrupación musical cantará ás 10.45 horas a misa oficiada polo párroco Manuel Mayo, na que interpretará partes da “Misa da Sagrada Familia”, de José Antonio Camuñas Solís, que estreou o 18 de maio na catedral de Santiago de Compostela, durante a Misa do Peregrino. O…

O pleno inicia os trámites para refinanciar a débeda do plan de pago a provedores

Coristanco, 18 de novembro do 2014. O Concello de Coristanco iniciou hoxe os trámites para o refinanciamento da débeda derivada do plan de pago a provedores, que nestes momentos sitúase en 1.255.765,83 euros. Nunha sesión extraordinaria celebrada ás 9 horas, a corporación acordou solicitar ofertas ás distintas entidades bancarias coa intención de rebaixar os intereses actuais, que están case no 6 %. Segundo explicou o…

O Concello de Coristanco convida aos maiores á Festa do Magosto

A Concellería de Servizos Sociais de Coristanco convida a todos e todas @s maiores do municipio a celebrar a Festa do Magosto, incluída no Programa Cultural de Outono. A festa terá lugar o sábado 15 de novembro, a partires das 18 horas, nunha carpa instalada na praza do edificio de servizos múltiples. A merenda estará amenizada polo grupo Sonlatino, e os asistentes poderán bailar ata…

O Concello de Coristanco repartiu alimentos a 86 familias sen recursos

O Concello de Coristanco levou a cabo ao longo desta semana o reparto de alimentos procedentes do banco da Cruz Vermella entre as familias máis necesitadas do municipio. Segundo indicou a concelleira de Servizos Sociais, Maruja Eiroa Villar, o reparto beneficiou a 86 familias, 28 delas numerosas. A campaña coincide co inicio da operación kilo-litro promovida pola parroquia de cara ao Nadal. A iniciativa púxose…