Homenaxe institucional a Asunción Antelo no seu 96º aniversario

O vindeiro domingo terá lugar a merecidísima homenaxe institucional a Asunción Antelo, aproveitando a celebración do seu 96 aniversario. O acto, organizado pola Concellaría de Cultura, Educación e Turismo, comezará ás 5 da tarde coa inauguración dun mural conmemorativo na praza de Seavia realizado polo artista Miguel Anxo Calvo, “O Mighelo”, seguirá cun percorrido musicado ata Segufe e continuará na eira da casa-museo de Asunción…