Inscricións para a preparación das Competencias Clave en Coristanco

O Concello de Coristanco abre o prazo para a preparación das probas para a adquisición do certificado das Competencias Clave, formación necesaria para poder obter o certificado de profesionalidade e, deste xeito, facilitar a incorporación ao mundo laboral. A formación será gratuíta, estará subvencionada polo Concello de Coristanco e a Deputación da Coruña, e o número de prazas será limitado. As inscricións poden realizarse no Edificio…

O Entroido chega a Coristanco con actividades para nenos e maiores

Estamos xa na conta atrás para o Entroido de Coristanco, porque o vindeiro día 9 comezarán as actividades. A ludoteca municipal acollerá de luns a mércores obradoiros de disfraces, maquillaxe, máscaras e antifaces… Todo o preciso para que os máis pequenos vivan estas datas coa máxima intensidade. A ludoteca abrirá as súas portas de 15 a 20 horas, cinco horas do máis entretidas para os…

O goberno municipal propón rebaixas nos impostos de vehículos e plusvalías

O goberno municipal de Coristanco presentará no pleno do vindeiro mércores un proxecto de modificación da ordenanza fiscal 17, reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, coñecido popularmente como imposto de plusvalías e que se aplica ás transmisións de bens inmobles. O executivo atenderá as demandas veciñais e aplicará as exencións previstas na lexislación actual, que se refiren, fundamentalmente,…

O Concello renova a canalización de augas pluviais no lugar de Pazo da Trabe-Cuns

O Concello de Coristanco está a renovar por completo a canalización das augas pluviais no lugar do Pazo da Trabe, na parroquia de Cuns, onde as intensas chuvias dos últimos días provocaran a rotura dos tubos. Aínda que todos os veciños sufriron as consecuencias, dúas familias resultaron especialmente afectadas ao entrar a auga nas súas vivendas, polo que o goberno municipal actuou coa máxima urxencia…