Os máis novos aprenden a emprender utilizando ferramentas tecnolóxicas

Coristanco, 16 de outubro do 2014. Un grupo de 15 mozos e mozas de Coristanco participaron hoxe no obradoiro “Emprendendo dende a Rede”, unha iniciativa conxunta da Consellería de Traballo e Benestar, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Coristanco que se enmarca no plan Activa 2014, e que conseguiu achegar aos futuros emprendedores os diferentes recursos dos que dispoñen en…

Obradoiro de emprendemento e crowfunding para moz@s

Mozos e mozas do municipio de Coristanco participarán no obradoiro “Emprendendo dende a Rede”, unha iniciativa conxunta da Consellería de Traballo e Benestar, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Coristanco para achegar aos novos emprendedores os diferentes recursos dos que dispoñen en Internet para dar a coñecer, promocionar e mesmo financiar os seus proxectos. A iniciativa, prevista para o día…

Setenta veciños e veciñas participan nos cursos de informática para adultos

Setenta veciños e veciñas de Coristanco iniciaron esta semana os cursos de informática para adultos organizados pola Concellería de Cultura. Debido á elevada demanda foi preciso crear sete grupos, que se distribúen en quendas de mañá (catro) e tarde (tres) e ocupan os dez postos dispoñibles na aula de informática do edificio de servizos múltiples. As persoas que quedaron en lista de agarda serán convocadas…

O éxito da Ruta dos Pinchos anima a darlle continuidade á iniciativa

  A Ruta dos Pinchos promovida polo Concello de Coristanco con motivo da Festa da Pataca foi un éxito. Os nove locais participantes (Café bar Antoxo, Cervexería Arume, Tasca A Pataca, Bodegón Trincado, Café bar Anabel, Cervexería Arboleda, Pizzería El Molino, Parrillada Alaska e Cervecería Verxel) estiveron moi animados durante toda a semana, o que anima a darlle continuidade á iniciativa. A concelleira de Cultura,…

O Concello fomentará os intercambios de estudantes con La Guyonnière

Os gobernos municipais de Coristanco e La Guonnière están decididos a estreitar os lazos de unión e a fomentar todo tipo de intercambios, tanto culturais coma educativos e mesmo empresariais. Na recente visita realizada a Coristanco polo alcalde, Michaël Orieux, e outros representantes da vila francesa quedaron sentadas as bases para que así sexa. Para o equipo de goberno de Coristanco, unha das prioridades é…

Aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais

Ata o 5 de outubro está aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Coristanco, que este curso inclúen fútbol sala, voleibou, tenis, badminton, baloncesto, campo a través e multideporte. As actividades van dirixidas a nenas e nenos nados entre os anos 2002 e 2007. As familias interesadas poden reservar praza no edificio de servizos múltiples, en horario de 9 a 14.…