Homenaxe institucional a Asunción Antelo no seu 96º aniversario

O vindeiro domingo terá lugar a merecidísima homenaxe institucional a Asunción Antelo, aproveitando a celebración do seu 96 aniversario. O acto, organizado pola Concellaría de Cultura, Educación e Turismo, comezará ás 5 da tarde coa inauguración dun mural conmemorativo na praza de Seavia realizado polo artista Miguel Anxo Calvo, “O Mighelo”, seguirá cun percorrido musicado ata Segufe e continuará na eira da casa-museo de Asunción…

A empresa EDP Renováveis abre o proceso das súas bolsas de estudo

A empresa EDP Renováveis, con parque eólico no noso concello, vén de comunicarnos que abriu o proceso de selección das súas bolsas de estudo para o vindeiro curso e garante que concederá entre 1 e 4 bolsas no noso concello. As persoas interesadas deberedes cumprir os requisitos que se especifican e cubrir o seguinte escrito. O Concello tan só recollerá a documentación, pero non forma…

Información sobre proxecto base presentando por Termo-Biológicas no Concello de Coristanco

De cara a cumprir cos criterios de transparecia e información, publicamos o “Proxecto básico de xeración de combustibles industriais” que a empresa Termo-Biológicas presentou neste concello, por rexistro de entrada, o 30 de marzo de 2015, Informamos de que non se trata do proxecto definitivo nin vinculante. Para consultar o anteproxecto e o estudo de viabilidade, premer nos seguintes enlaces: Proxecto básico Estudo de Viabilidade…