O vindeiro venres día 21 de febreiro de 2020, ás 11:15 terá lugar un obradoiro de cestería tradicional impartido por Genaro Amarelle Mato no Edificio de Servizos Múltiples.
RECOLLIDA PATACAS (SOBRANTES, MAL ESTADO,ETC…)
O Concello de Coristanco, pon a disposición da veciñanza un servizo de recollida de patacas que non se poidan aproveitar para o uso alimenticio. ASUNTO:RECOLLIDA PATACAS (SOBRANTES, MAL ESTADO,ETC…) LUGAR DE RECOLLIDA: EMPRESA MIRAMONTES (MONTECELO) HORARIO: LUNS A VENRES MAÑÁS:10:00H-12:00H TARDES:15:00H-18:00H MODO DE ENTREGA PARA DEPOSITAR EN CONTEDOR: REMOLQUE: A GRANEL BIG BAG SACOS PEQUENOS IDENTIFICACIÓN:ENSINAR DNI NAS INSTALACIÓNS DA EMPRESA. CUSTE:GRATUÍTO POBOACIÓN: CONCELLO DE…

Xornada Técnicas da Pataca 2020
Por motivo do coronavirus, a Consellería de Medio Rural, viuse obrigada a suspender estas xornadas técnicas, xa que os produtores da Bretaña Francesa que tiñan previsto acudir para explicar a súa forma de traballar decidiron cancelar a viaxe como prevención, atendendo as recomendacións da súa orixe. A Consellería informará das novas datas destas xornadas. Ver Programa
Anuncio Casa do Maior 2020
Por resolución de alcaldía n.º 128/2020 de data 14/02/2020 acordouse o seguinte: Resolución alcaldía nº 128/2020

Peche temporal biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal de Coristanco pecha temporalmente por catalogación de ítems debido a súa incorporación na Rede de Bibliotecas públicas de Galicia . Para calquera dubida, póñase en contacto no teléfono 651.664.908.

Escola de avós e avoas educadoras
Proximamente o Concello de Coristanco iniciará un programa dun punto de encontro para as avoas e os avós que se dedican ao coidado dos seus netos para compartir experiencias. A escola constaría de 10 sesións formativas sobre temas de actualidade como por exemplo cal é o papel dos avós e avoas, a problemática das novas tecnoloxías, as diferentes etapas da infancia, resolución de conflitos,…