


Transporte Público Rial-Centro Médico Carballo
Transporte público da ruta Rial-Centro Médico de Carballo O Plan de Transporte Público de Galicia pon a disposición dos veciños de Coristanco as seguintes rutas: XG63204 -RIAL – CENTRO MEDICO XG63224 -RIAL – CARBALLO ESTACIÓN AUTOBUSES (INSTITUTOS) Orden da parada Nome da parada Orden da parada Nome da parada 1 RIAL 1 RIAL 2 GANDRIÑA, A 2 GANDRIÑA, A 3 CUNS 3 CUNS 4 BRAÑEIRA…
Suspendidas as xornadas técnicas da Pataca 2020
Por motivo do coronavirus, a Consellería de Medio Rural, viuse obrigada a suspender estas xornadas técnicas, xa que os produtores da Bretaña Francesa que tiñan previsto acudir para explicar a súa forma de traballar decidiron cancelar a viaxe como prevención, atendendo as recomendacións da súa orixe. A Consellería de Medio Rural informará das novas datas destas xornadas.
Programa Enrédate
A Asociación ACADAR, en colaboración co Concello de Coristanco, pon en marcha o Programa Enrédate, un servizo gratuíto no que se desenvolverán diversos talleres e obradoiros dirixidos cara a reflexión crítica e o debate das persoas participantes mediante o uso de materiais prácticos e audiovisuais. Para máis información consulten co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Coristanco.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo o mércores un encontro de traballo co alcalde de Coristanco
A XUNTA E O CONCELLO DE CORISTANCO ANALIZAN O FUNCIONAMENTO DAS NOVAS LIÑAS DE TRANSPORTE PÚBLICO QUE PRESTAN SERVIZO NO MUNICIPIO A Consellería de Infraestruturas buscará fórmulas para adaptar os horarios dos novos servizos de transporte para facilitar a entrada e saída ao instituto duns 30 alumnos do concello A conselleira e o rexedor abordaron a colaboración entre a Xunta e o Concello para mellorar…
Obradoiro de cestería tradicional
O vindeiro venres día 21 de febreiro de 2020, ás 11:15 terá lugar un obradoiro de cestería tradicional impartido por Genaro Amarelle Mato no Edificio de Servizos Múltiples.