Deporte e cultura animarán as vacacións escolares de Nadal en Coristanco

Os nenos e nenas de Coristanco non van ter tempo de aburrirse nestas vacacións de Nadal, porque a Concellería de Cultura e Deportes, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, ten preparado para eles un programa de actividades que non lles vai deixar nin un día libre. Pero, aínda que hai moitas propostas dirixidas ao público infantil, a maioría están pensadas para que poida gozar…

A biblioteca de Coristanco ofrece aos usuarios acceso gratuíto á Aula Planeta

A biblioteca pública municipal de Coristanco ofrece aos seus usuarios e usuarias a posibilidade de acceder de forma gratuíta á Aula Planeta, un banco de contidos audiovisuais e interactivos orientados a alumn@s de Primaria e ESO que cobre por completo o currículo escolar. A Aula Planeta adáptase ao nivel dos nenos e nenas, ás súas necesidades de aprendizaxe e a súa metodoloxía de estudo. Ademais,…

Coristanco acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Pombas de Raza

Os afeccionados á columbicultura teñen esta fin de semana unha cita en Coristanco. Hoxe sábado e mañá domingo celébrase no pavillón municipal o Campionato Galego de Pombas de Raza, que inclúe unha exposición aberta a todo o público. A cita está organizada polo Club Asociación Columbicultura Bergantiños, con sede na Laracha, que conta coa colaboración do Concello de Coristanco, a Xunta de Galicia e a…

O Concello ampliará a rede de locais sociais cos fondos do POS 2015

O goberno municipal de Coristanco está a realizar unha forte aposta por mellorar e crear novas infraestruturas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. Xunto ao plan de construción e acondicionamento de prazas e parques públicos, grazas aos fondos do POS 2015, financiado pola Deputación Provincial da Coruña, o vindeiro ano será posible ampliar tamén a rede de locais sociais…