“Apaña de patacas dos veciños de Oca”

  E finalmente pechamos esta pequena homenaxe da que foi protagonista a nosa ben querida Pataca, compartindo a última obra da artista local Isabel Soutullo titulada “Apaña de patacas dos veciños de Oca”. Agradecemos a Isabel e a todas aquelas persoas que decidiron compartir connosco o recordo da Festa da Pataca e fixeron posible esta iniciativa. Porque, como ben proclama o noso cancelo, a Pataca…

XOGO INFANTIL TURISTEANDO COS MIÚD@S

  Xa está dispoñible o xogo Turisteando cos miúdos, froito do proxecto realizado polo Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021. O obxectivo do mesmo é que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña para turistear en familia en calquera estación do ano. Para máis información ou calquera consulta: correo: biblioteca@coristanco.gal teléfono: 651.66.49.08

AVISO: SUBMINISTRACIÓN DE AUGA

  Finalmente, ao longo da mañá de hoxe logrouse dar por rematado as comprobacións e correccións necesarias debido a fase final das obras de renovación da rede de abastecemento de auga. Rogamos desculpen as molestias causadas. Para máis información: Tlf. Augas Coristanco: 609 37 12 42

Recordo da Festa da Pataca

  Eloy e Iria tamén quixeron participar neste recordo da Festa da Pataca preparando os seus tractores engalanados para un desfile moi peculiar polo corredor da súa casa. Grazas a ámbolos dous por participar e facernos chegar estas elaboradas figuras feitas con patacas. Recorda que se queres enviarnos material aínda estás a tempo. As canles son as seguintes: Mensaxe por facebook. Correo electrónico: biblioteca@coristanco.gal Tlf:…

AVISO: INCIDENCIA NA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA

AVISO: INCIDENCIA NA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA 28 e 29 de setembro de 8.00h a 13.00h Con motivo do remate das obras de renovación da rede de abastecemento de auga, que se están a realizar no noso Concello, procederase a realizar cortes puntuais ou baixadas de presión da auga. Rogamos desculpen as molestias que este feito pudiera ocasionar.