Cribado de poboación do Concello de Coristanco

  A Área Sanitaria da Coruña e Cee continúa realizando unha intensa actividade para buscar casos positivos de Covid-19. Xoves 5 de agosto pola tarde (15:30 a 19:45) terá lugar un cribado de poboación no Concello de Coristanco mediante unha proba de PCR a residentes de entre 16 e 25 anos. 📍O lugar elixido é o Centro de Saúde de Coristanco. Todos os veciños deste…

DOG | Novas medidas COVID 19

  A Xunta de Galicia actualiza a orde do Diario Oficial de Galicia, coas últimas actualizacións correspondentes á evolución epidemiolóxica na nosa comunidade. 🕛 Entrada en vigor o sábado, 31 de xullo, a partir das 00:00 horas. O Concello de Coristanco sube de nivel e sitúase no nivel medio de restricións. Para máis información, consultar na seguinte ligazón: Medidas de prevención na Comunidade Autónoma de…

A Xunta de Galicia publica unha nova orde na que actualiza o mapa de restricións en Galicia

  DOG | A Xunta de Galicia publica unha nova orde na que actualiza o mapa de restricións en Galicia 📣. Coristanco continúa 🟢 en nivel medio-baixo. Co obxectivo de dar cumprimento á orde do 8 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, dende esta…

DÍA DA DIVERSIDADE SEXUAL

  Con motivo da conmemoración deste 28 de xuño, Día da Diversidade sexual, o Concello de Coristanco estará alumeado polas cores do arcodavella en apoio a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, transmitindo así unha mensaxe de tolerancia e respecto e traballando en pro da igualdade e defensa dos dereitos LGTBIQ+.