Esta noite, corte de auga programado para reparar unha avaría

Debido a unha avaría na chave xeral da rede de abastecemento de auga situada xunto á capela de San Antonio de Centiña, para esta noite está previsto un corte de auga que afectará a Traba, Oca, Xaviña, San Paio, Rececinde, Lume de Suso, Lume da Coba, Pedralta e Piñeiro. Os arranxos comenzarán ás 23.00 horas e prevese que estean rematados ás 04.00 horas do venres…

Miles de persoas nunha das edicións máis multitudinarias da Festa da Pataca

  O tempo acompañou e Coristanco viviu unhas das edicións máis multitudinarias da Festa da Pataca. Milleiros de persoas pasaron ao longo do día pola localidade para participar nas actividades para todos os públicos que encheron de animación as rúas dende a mañá ata a tardiña. Un dos pratos fortes da Festa da Pataca, o certame de tractores engalanados, resultou de novo todo un éxito.…

Chega a Coristanco a campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor”

A campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor” chega a Coristanco aproveitando a celebración da Festa da Pataca. De feito, a Consellería de Medio Ambiente, que conta coa colaboración de Sogama, Ecoembes, Ecopilas, ERP e Ecolec, ten percorrido xa todo tipo de festas, feiras e mercados, entre outros eventos, para intentar que a iniciativa acade a maior repercusión social. Un vehículo adaptado para proporcionar información, monitores especializados…

O Concello prepara o programa de actividades culturais para o novo curso

  Despois do éxito acadado polo programa cultural desenvolvido durante o verán, no que participaron centos de veciños e veciñas de todas as idades, a Concellería de Cultura e Deportes de Coristanco está a traballar nas actividades que se levarán a cabo ao longo do curso que está a piques de comezar. Se durante os meses de xullo e agosto houbo marchas cicloturísticas, campamentos, talleres…

A gastronomía estará máis presente ca nunca na Festa da Pataca

Coristanco, 15 de setembro do 2014. A Festa da Pataca máis gastronómica está a piques de comezar. Mañá martes arrincará a Ruta dos Pinchos, “a gran novidade deste ano”, como a definiu a concelleira de Cultura, Clarisa Couto, no acto de presentación do programa celebrado hoxe pola mañá. O Concello de Coristanco confía plenamente no éxito da iniciativa, xa que conta co respaldo de toda…