SENDEIROS QUE NAMORAN – Seavia, Verdes e Oca

  Este setembro queremos invitarte a coñecer as tres sendas recentemente recuperadas no noso municipio e poder así desfrutar da paisaxe. Seavia, Verdes e Oca son as parroquias nas que nos mergullaremos na procura dalgún dos recunchos máis fermosos da nosa contorna. Será precisa a previa inscrición na actividade na Biblioteca Municipal ou a través da canle telefónica ☎651 664 908. 📅DÍA: sábado 18 de…

O Chan da embarrada – Conxunto megalítico en Ferreira

  O vindeiro venres, 17 de setembro (19.30h), a Área Recreativa da Rocheira acollerá a presentación do libro “O Chan da embarrada. Conxunto megalítico en Ferreira (Coristanco)”. O acto contará coa presentación a cargo de Xosé Antonio Andrade e a posterior intervención dos autores: ➡️Fernando Cabeza ➡️Evaristo Domínguez ➡️Xan Fernández ➡️Antón García ➡️Luís A. Giadás. 📚 A todos os/as participantes no acto faráselle entrega dun…

Anacos do Rural, unha revisión documental do pasado recente da Galicia Rural

  Mañá, xoves 15 de setembro, a Rocheira acollerá a presentación do proxecto “Anacos do Rural, unha revisión documental do pasado recente da Galicia Rural”. Este proxecto de recuperación e divulgación documental ofrece unha ollada ao pasado que nos permite facer unha relectura contemporánea da cultura rural tradicional do noso país. A exposición fotográfica estará dispoñible ata o vindeiro 15 de outubro. Será preciso a…

CONCURSO ESCAPARATISMO DE EXALTACIÓN DA PATACA 2021

  O Concello de Coristanco neste 2021 co obxecto de promover e apoiar ao comercio local e exaltar o noso produto por excelencia, pon en marcha unha iniciativa para mellorar a imaxe comercial dos establecementos e engalanar así o noso municipio nestas datas tan especiais. Premiaranse os escaparates mellor decorados en función de criterios artísticos, técnicos e comerciais, e valorarase a evocación de elementos identitarios…

DESPEDIMOS O VERÁN

  O vindeiro 4 de setembro, na Área Recreativa da Rocheira, vén a despedir o verán! ☀️PACO CEDEIRA, co seu espectáculo Rockeamos con Pakolas (19h) ☀️A GALIÑA TURULECA, cine ao aire libre (21.15h) PROTOCOLO COVID: ➡Será preciso a inscrición previa nas actividades a través da canle telefónica seguinte: ☎646 490 350 ➡A reserva de entrada realizarase por orde de inscrición ata completar aforo. ➡Imprescindible o…

DEPORTE CORISTANCO

  O vindeiro venres 3 de setembro, vén a desfrutar dunha Masterclass de Baile a cargo de Juana Garrochena Gonzalez na 📍Piscina da Rocheira, ás ⏰17,00h. ➡Será preciso a previa inscrición no teléfono ☎665 294 194 ou na entrada da piscina municipal. 🟢Apto para todos os públicos.