Viravolta Titeres estará en Coristanco co espectáculo “Menú de Refectorio”

  Viravolta Titeres estará en Coristanco co espectáculo “Menú de Refectorio” a través do programa de dinamización lingüística FaraRedes subvencionado pola Xunta de Galicia. A actuación de títeres, con tintes humanísticos, terá lugar o vindeiro domingo, 24 de outubro, ás 12h, no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples. Trátase dun formato para público familiar. Será preciso a inscrición previa na actividade a través…

CULTURA | 24 de outubro Día das Bibliotecas

  O vindeiro 24 de outubro, vén festexar connosco o Día das Bibliotecas. Teremos o pracer de contar coa escritora Antía Yáñez cun moi especial SCAPE ROOM NA BIBLIOTECA. Serán os mozos e mozas capaces de seguir as pistas e escapar así do lugar, ou pola contra, quedarán pechados para sempre. Idades recomendadas: de 8 a 12 anos Lugar: Biblioteca de Coristanco. Hora: 11h Duración:…

Acreditación competencias Clave

 As competencias claves básicas facilitan o acceso aos niveis 2 e 3 dos certificados de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego a desenvolver no proxecto Emprego Sostible PEL nas áreas rurais. Queres obter máis información ou rexistrarte? COMO E ONDE SOLICITALA: De xeito telemático. No Concello (Servizo de Desenvolvemento Local) PRAZO Ata o vindeiro 8 de outubro

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN CURSO 2021/2022

  Publicadas as bases reguladoras das axudas para a escolarización de menores para o curso 2021-2022, que poderá beneficiar a escolares que cursen estudos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos Centros de Ensino público no termo municipal de Coristanco. 📍REQUISITOS: ➡O menor debe estar empadroado no Concello de Coristanco. ➡Non se deben superar o límite de ingresos (consultar bases, terceiro punto) 📅PRAZO 10…

SETEMBRO 2021 – O noso municipio quere homenaxear o seu produto estrela: a pataca

  Este mes de setembro o noso municipio quere homenaxear o seu produto estrela, a pataca, cun completo programa para a exaltación de dito tubérculo. Gastronomía, música, poesía, cine, encontros literarios… Os interesados en asistir a calquera das propostas, deberán inscribirse: 📍 de forma presencial na Biblioteca Municipal 📍a través da canle telefónica 651 664 908 ou 665 294 194.