SESIÓNS PLENARIAS EN DIRECTO

  O Concello de Coristanco, seguindo na liña da publicidade e transparencia das sesións plenarias, dá un paso máis adiante. Agora, aparte ser presenciais tamén poderán ser seguidas en directo a través da seguinte ligazón. https://actasesionesdigital.smartis.es/coristanco/

Comunicacións do Concello a través de TokApp

O Concello de Coristanco co obxectivo de manter un contacto eficaz, respectando as leis e regulacións de protección de datos, e coidar a privacidade na comunicación, a partir de agora enviaremos todas as nosas comunicacións a través de TokApp. Esta aplicación móbil permite mellorar a comunicación entre institucións e usuarios. Desta maneira, recibiredes toda a información habitual e os avisos importantes sobre eventos, actuacións, axudas……

BECAS PROXECTO GREEN EDUCATION de Edp Renewables

  Presentamos o proxecto GREEN Education de Edp Renewables co acceso a alomenos unha beca para escolares ao que poderán acceder os nenos e nenas nos seguintes bloques: Ensinanza infantil, primaria e secundaria: importe unitario bruto de 500 € Bacharelato e Formación Profesionalizar: importe unitario bruto de 1.000 € Ensinanza Universitaria: importe unitario bruto de 2.000€ Para dita atribución deberase entregar en man ou enviar…

SCAPE ROOM NA BIBLIOTECA

  Na conmemoración do Día das Bibliotecas, un gran misterio tinguiu as nosas instalacións. Coa aparición dun corpo, aparentemente asasinado, e dunha policía moi peculiar, Antía Yáñez sumerxeunos nun caso cheo de elementos sanguentos e intrigas que tivemos que descubrir, cun desenlace totalmente inesperado. Grazas a todos e a todas por participar e a Antía Yáñez por acompañarnos e achegarnos esta actividade.