AXUDAS ESCOLARIZACIÓN Curso 2021-2022

  Aprobación do pagamento das axudas á escolarización de menores para o curso 2021-2022. Accede ao contido da publicación a través da seguinte ligazón: https://sede.coristanco.gal/opencms/es/informacion/tablon/2022/ANUNCIO_PROG_20220316090000214.html VER RESOLUCIÓN

8 de marzo: Día Internacional das Mulleres

  O 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”, conmemórase a loita das mulleres pola igualdade, o recoñecemento e o exercicio efectivo dos seus dereitos. Con este motivo e co obxectivo de conseguir unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes nace o proxecto “Chanzo a chanzo cara a igualdade” promovido polo Concello de Coristanco. Convidámolos a participar nesta iniciativa con diversas actividades que…

Día de Rosalía de Castro

  Hoxe, 23 de febreiro, festexamos o día de Rosalía de Castro, celebramos a súa vida e a súa obra, e seguimos as súas pegadas a través das diferentes parroquias de noso concello. Queremos agradecer a todas as mulleres que hoxe puxeron voz a un dos seus poemas “Negra Sombra“.

Ven desfrutar do Entroido a Coristanco

  Comezaremos o vindeiro 28 de febreiro cunha Festa Infantil de Entroido con Degustación de Doces típicos desta festividade, obradoiros e actividades de animación para os máis pequenos a partir das 17h. Obradoiro de Caretas de entroido, obradoiro de chapas, taller de postais e de realización de maracas, son algunhas das actividades ás que poderán acceder todos os que nos visiten esa tarde. Ás 18…