VÍA CÉLTICA ao seu paso polo Concello de Coristanco

  A Vía Céltica é un itinerario posxacobeo que permite a prolongación da peregrinación xacobea ata os santuarios de Fisterra e Muxía e unha serie de camiños marítimos dende os portos de arribada do noroeste de Galicia, conectando Santiago coa costa a través da ponte de Portomouro e o altiplano do Xallas. Este roteiro presenta, a quen o percorre, un patrimonio e paisaxes únicos que…

Botou a andar un ano máis a campaña SER E SENTIR!

DEPUTACIÓN DA CORUÑA| Botou a andar un ano máis a campaña SER E SENTIR! impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña cunha programación que volve mesturar contidos en liña e actividades presenciais. Aquí vos achegamos a programación. A actividade “A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro”, está orientada á cativada de 5 a 7 anos e será impartido…

XUNTANZA DE MAIORES

  Tras dous anos sen poder festexar a tradicional Xuntanza de Maiores, este verán volveremos a reunirnos no Carballiño nunha xornada na que a conversa, o baile e a gastronomía serán os grandes protagonistas. Será preciso a previa inscrición a través de: 📞 651 664 908 📧 biblioteca@coristanco.gal TokApp Día: 16 DE XULLO SAÍDA: PRAZA DO CONCELLO PRAZAS LIMITADAS

LIBERDADE DE SER E SENTIR | Obradoiro “A vida é de cores!”

  O vindeiro venres 1 de xullo, desenvolveremos no Edificio de Servizos Múltiples o obradoiro “A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro” sobre diversidades afectivo-sexuais para a cativada co obxectivo de favorecer o bo trato e os coidados, previr o reexeitamento eo auto-rexeitamento por motivos de orientación o identidades y aprender a poñer límites e expresar os afectos de maneira…

PROMOCIÓN DA CREATIVIDADE | Arte Urbana

  O vindeiro 1 de XULLO, convidámosche a participar nun proxecto social, cultural e educativo ao redor da industria da arte urbana. Este taller é un espazo deseñado para espertar o enxeño, a destreza e a creatividade de mozos e mozas a través da arte urbana. DÍA: 1 DE XULLO HORARIOS: DE 10:00-14:00 OU DE 16:00 A 20:00H IDADES: A PARTIR DE 11 ANOS INSCRICIÓN:📞651…

Presentación do espazo web do proxecto “AS VOCES DAS MULLERES”

  O vindeiro luns, ás 16.30h, procederemos a presentar o espazo web do proxecto “As voces das mulleres”, coa presenza de María Molino, deputada de Igualdade e Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña. Día: 27 de xuño Hora: 16.30h Lugar: Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples. As voces das mulleres é unha iniciativa que conta co apoio económico da Deputación da Coruña,…