DIVERSIDARTE NO RURAL 2022

  A asociación Poten100mos achéganos este venres á plataforma DiversidArte para a promoción, produción e difusión da arte. Os seus principais protagonistas son as persoas con diversidade intelectual, física, psíquica e sensorial, xunto con outros colectivos en situación e risco de exclusión, con actividades que fomentan as sinerxias entre os colectivos e a súa inclusión como artistas dentro da sociedade. Este venres ás 19h, o…

Obradoiro: TECENDO RECORDOS, TRANSFORMANDO VIVENCIAS

  Obradoiro de creación artística da man da artista local Loli Fernández España. Este obradoiro propón un exercicio de recuperación da memoria colectiva a través das vivencias das mulleres. A través das distintas sesións, as participantes desenvolverán un proxecto propio onde as súas vivencias e recordos se mesturan co imaxinario colectivo. Deste xeito crearanse obras xenuínas a partires de libros antigos, a través de colaxes,…

PROGRAMA DE EDUCACIÓN FINANCIEIRA

  O vindeiro venres 14 de outubro, de 11:00 a 13:00h, no Edificio de Servizos Múltiples, terá lugar unha formación para o emprego dos caixeiros de ABANCA para facer as túas operacións máis habituais en calquera momento. Inscricións: na Bibliotaca Municipal, no teléfono 651 664 908 ou a través da canle electrónica biblioteca@coristanco.gal.

PRESENTACIÓN CARTEL E PROGRAMA DA XL FESTA DA PATACA

Aquí vos presentamos o cartel e programa dos diferentes actos e actividades que se desenvolverán en Coristanco como conmemoración desta xa 40 edición da Festa da Pataca. VER PROGRAMA Os vindeiros 16, 17 e 18 de setembro, esperamos que as rúas se enchan de algarabía e gastronomía, de ledicia e agarimo cara ó noso produto.

EDUCACIÓN AMBIENTAL | Área Recreativa da Rocheira

  Onte, na Área Recreativa da Rocheira, Proteccion Civil Coristanco desenvolveu unha actividade para sensibilizar aos/ás máis pequenos/as sobre a importancia de previr os incendios forestais. Durante a xornada os nenos/as puideron coñecer de primeira man a xestión que realizan para a prevención, detección e extinción do lume, mentres se lles brindou a oportunidade de participar activamente na loita contra os incendios forestais no noso…

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIONES CULTURAIS, DEPORTIVAS E ANPAS PARA 2022

  Dáse publicidade á apertura da convocatoria de Subvencións destinadas a asociacións culturais, deportivas e anpas do Concello de Coristanco. ➡️ Obxecto da convocatoria: A promoción e impulso de actividades culturais, educativas, deportivas e xuvenís. 👥 Destinatarios: Anpas, Asociacións Culturais ou persoas dedicadas ao mundo da cultura de maneira non profesional e sen ánimo de lucro e Asociacións/entidades deportivas, ou deportistas individuais. 🖥 Presentación de…