Coristanco acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Pombas de Raza

Os afeccionados á columbicultura teñen esta fin de semana unha cita en Coristanco. Hoxe sábado e mañá domingo celébrase no pavillón municipal o Campionato Galego de Pombas de Raza, que inclúe unha exposición aberta a todo o público. A cita está organizada polo Club Asociación Columbicultura Bergantiños, con sede na Laracha, que conta coa colaboración do Concello de Coristanco, a Xunta de Galicia e a…

Aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais

Ata o 5 de outubro está aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Coristanco, que este curso inclúen fútbol sala, voleibou, tenis, badminton, baloncesto, campo a través e multideporte. As actividades van dirixidas a nenas e nenos nados entre os anos 2002 e 2007. As familias interesadas poden reservar praza no edificio de servizos múltiples, en horario de 9 a 14.…

Costa Bergantiñá organiza un novo campus de verán

Os concellos de Cabana, Ponteceso, Coristanco, Laxe e Malpica coordinan a que será a oitava edición do campamento deportivo Costa Bergantiñá. A presentación tivo lugar onte ao mediodía no centro comarcal de Buño. Entre os asistentes estiveron os concelleiros Manuel Torrado (Malpica), Clarisa Couto (Coristanco), Mar Durán (Ponteceso), Carlos Allo (Cabana) e Dolores Hortas, representante da área de deportes da Deputación. As actividades arrincarán o…