Coristanco acollerá o 19 de setembro o I Torneo de Fútbol-7 e a I Carreira da Pataca O Concello de Coristanco introduce o deporte no programa de actividades paralelas da Festa da Pataca. O 19 de setembro pola mañá disputarase no campo da Rocheira a primeira edición do Torneo de Fútbol-7. Os equipos interesados en participar deben inscribirse antes do día 15 chamando ao número…
AVISO: Aprazase a clausura das actividades de verán
AVISO IMPORTANTE DA CONCELLARÍA DE XUVENTUDE E DEPORTES Debido ás condicións meteorolóxicas adversas prognosticadas para o venres, vémonos na obriga de retrasar a clausura das actividades de verán.
Festa remate actividades de verán
O verán está chegando ao seu fin e as actividades organizadas para estes meses están a piques de rematar. Para darlle a despedida, o vindeiro venres celebramos a festa de remate de actividades de verán. Velaquí tedes o programa para esta divertida xornada organizada pola Concellaría de Xuventude e Deportes.
Excelente xornada de deporte na II ruta cicloturística
Excelente xornada de deporte na II Ruta cicloturística organizada polo Concello de Coristanco.Agradecer a súa presencia a todos os participantes e os voluntarios de protección civil de Coristanco pola súa colaboración e gran traballo. Esta foi a primeira, pero teremos máis!!!!!
II Ruta en bicicleta
A Concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Coristanco organiza para o vindeiro domingo 5 de xullo a segunda ruta cicloturística. Xuntarémosnos todos ás 10.00 na praza do concello para partir ás 10.30 rumbo ao Refuxio de Verdes, onde faremos un pequeno descanso e repartiremos entre os participantes un bocadillo e unha botella de auga para axudar a recuperar folgos para emprender o camiño…
Deporte e cultura animarán as vacacións escolares de Nadal en Coristanco
Os nenos e nenas de Coristanco non van ter tempo de aburrirse nestas vacacións de Nadal, porque a Concellería de Cultura e Deportes, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, ten preparado para eles un programa de actividades que non lles vai deixar nin un día libre. Pero, aínda que hai moitas propostas dirixidas ao público infantil, a maioría están pensadas para que poida gozar…