PESCA E CASTING

  Este pasado domingo, a Federación Galega de Pesca e Casting en colaboración co Concello de Coristanco, desenvolveu no couto de pesca de Verdes a competición de ámbito autonómico Selectivo Salmónidos Mosca. A competición foi clasificatoria para o campionato de España da especialidade 2023 e nela participaron 26 deportistas das catro provincias galegas. Durante a competición realizáronse 963 capturas (posteriormente liberadas) sendo Alberto Vicente Casas…

Campamentos Deportivos Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña achéganos a Campaña de Campamentos de Verán 2022 na residencia do I.E.S. Rosalía Mera para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 9 a 14 anos inclusive (nados entre o 1 xaneiro do 2008 e o 31 de decembro do 2013). Ó Concello de Coristanco concedéronlle 4 prazas na 3ªquenda (10/07/22 ao 15/07/22) para rapaces e rapazas empadroados/as…

RUTA CULTURAL 13 DE NOVEMBRO

  Propoñémosvos un percorrido a través do tempo e o espazo para desfrutar en familia do noso patrimonio cultural. O vindeiro 13 de novembro, o Concello de Coristanco en colaboración co Instituto de Estudos Bergantiñáns, organiza a Ruta polo Chan da Embarrada e a parroquia de Ferreira guiada a través dos autores da obra que tivemos o pracer de presentar o pasado setembro. Seguindo as…

SENDEIROS QUE NAMORAN – Seavia, Verdes e Oca

  Este setembro queremos invitarte a coñecer as tres sendas recentemente recuperadas no noso municipio e poder así desfrutar da paisaxe. Seavia, Verdes e Oca son as parroquias nas que nos mergullaremos na procura dalgún dos recunchos máis fermosos da nosa contorna. Será precisa a previa inscrición na actividade na Biblioteca Municipal ou a través da canle telefónica ☎651 664 908. 📅DÍA: sábado 18 de…

DEPORTE CORISTANCO

  O vindeiro venres 3 de setembro, vén a desfrutar dunha Masterclass de Baile a cargo de Juana Garrochena Gonzalez na 📍Piscina da Rocheira, ás ⏰17,00h. ➡Será preciso a previa inscrición no teléfono ☎665 294 194 ou na entrada da piscina municipal. 🟢Apto para todos os públicos.

Apertura da piscina municipal da Rocheira o 28 de xuño

  O próximo luns 28 de xuño, o Concello de Coristanco procede a apertura da piscina municipal da Rocheira en horario de luns a venres de 15h a 19h e en fin de semana de 12h a 19h. Coa finalidade de adaptar a actividade de piscina a nova normalidade, vémonos na obriga de modificar a súa dinámica tradicional polo que: O aforo total da instalación…