Extraescolares Xermolar 2025

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2025 PROGRAMA XERMOLAR: XA DISPONIBLE A LISTAXE DEFINITIVA

  PROGRAMA XERMOLAR | XA DISPONIBLE A LISTAXE DEFINITIVA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2025 O Concello de Coristanco informa que xa está publicada a listaxe definitiva de admitidos nas actividades extraescolares do Programa Xermolar 2025. As actividades inclúen: 🔸 Multideporte 🔸 Inglés 🔸 Ciencia 🔸 Baloncesto 🔸 Cociña 🔸 Duatlón 🔸 Judo 🔸 Informática 🔸 Robótica 🔸 Lectoescritura 🔸 Cross Kids 🔸 Pequemosicidade > A listaxe…

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

  O Concello de Coristanco convoca unha reunión dirixida a asociacións culturais, ANPAS, entidades deportivas e deportistas individuais co gallo da próxima publicación das bases das subvencións municipais. Lugar: Biblioteca Municipal Data: venres, 4 de xullo de 2025 Hora: 20:30 h Falaremos sobre: Gastos subvencionables Documentación necesaria Prazos de presentación Xustificación da subvención A reunión está pensada especialmente para as persoas que ocupan cargos de…

DEPORTE: Campamentos Multideporte e Multiaventura 2025

  Poñemos en marcha un ano máis os Campamentos Multideporte e Multiaventura. Disporase dun prazo de preinscrición ata o vindeiro 11 de abril para participar nestas actividades organizadas polo Departamento de Deportes do Concello de Coristanco. IDADES dos/as destinatarios/as: de 7 a 16 anos. Lugar de TRAMITACIÓN: Preferentemente de xeito telemático a través da Sede Electrónica Municipal (www.coristanco.gal) ou ben de forma presencial no Rexistro…

V ANDAINA SOLIDARIA POLA LOITA CONTRA O CANCRO

  Por quinto ano consecutivo, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Coristanco, unen o seu esforzo para desenvolver a que será a V Andaina Solidaria en apoio á loita contra o Cancro. O Domingo 6 de outubro, ás 10.00h na Praza do Concello, desenvolveremos a actividade cun percorrido de 8.5 km. Para participar será necesaria a previa inscrición…

Ximnasia de Mantemento por parroquias

  O vindeiro 1 de outubro retomamos novamente as actividades de Ximnasia de Mantemento por parroquias. Será precisa a inscrición na actividade de forma presencial na Biblioteca Municipal ou co monitor de cada actividade. A cota da actividade completa será de 30 euros. Para a formación de grupos será preciso un mínimo de 8 persoas inscritas na actividade/localización. Para máis información: ☎️651 664 908 📍Escola…

Xa podes facer o teu carné de socio da Piscina Municipal da Rocheira

  Xa podes facer o teu carné de socio da Piscina Municipal da Rocheira para acceder á instalación. 1. Cubre o seguinte impreso:  Descarga AQUÍ2. Realiza o pago no número de contaES20 2080 0071 2331 1000 0013indicando o nome do usuario máis o mes ao corresponde a cota3. Fáinolo chegar a Biblioteca Municipal de Coristanco, de xeito presencial ou a través da canle electrónica: biblioteca@coristanco.gal