Setenta veciños e veciñas participan nos cursos de informática para adultos

Setenta veciños e veciñas de Coristanco iniciaron esta semana os cursos de informática para adultos organizados pola Concellería de Cultura. Debido á elevada demanda foi preciso crear sete grupos, que se distribúen en quendas de mañá (catro) e tarde (tres) e ocupan os dez postos dispoñibles na aula de informática do edificio de servizos múltiples. As persoas que quedaron en lista de agarda serán convocadas…

O éxito da Ruta dos Pinchos anima a darlle continuidade á iniciativa

  A Ruta dos Pinchos promovida polo Concello de Coristanco con motivo da Festa da Pataca foi un éxito. Os nove locais participantes (Café bar Antoxo, Cervexería Arume, Tasca A Pataca, Bodegón Trincado, Café bar Anabel, Cervexería Arboleda, Pizzería El Molino, Parrillada Alaska e Cervecería Verxel) estiveron moi animados durante toda a semana, o que anima a darlle continuidade á iniciativa. A concelleira de Cultura,…

O Concello fomentará os intercambios de estudantes con La Guyonnière

Os gobernos municipais de Coristanco e La Guonnière están decididos a estreitar os lazos de unión e a fomentar todo tipo de intercambios, tanto culturais coma educativos e mesmo empresariais. Na recente visita realizada a Coristanco polo alcalde, Michaël Orieux, e outros representantes da vila francesa quedaron sentadas as bases para que así sexa. Para o equipo de goberno de Coristanco, unha das prioridades é…

Unha delegación de La Guyonnière encabezada polo alcalde visita Coristanco

O Concello de Coristanco recibe esta fin de semana unha visita institucional do alcalde de La Guyonnière, Michaël Orieux, e de tres representantes do comité de irmanamento da localidade francesa. A delegación chegará a terras bergantiñás mañá pola noite, e durante a fin de semana participará tanto en reunións de traballo para preparar as próximas iniciativas conxuntas coma en actividades de carácter lúdico e cultural.…

Miles de persoas nunha das edicións máis multitudinarias da Festa da Pataca

  O tempo acompañou e Coristanco viviu unhas das edicións máis multitudinarias da Festa da Pataca. Milleiros de persoas pasaron ao longo do día pola localidade para participar nas actividades para todos os públicos que encheron de animación as rúas dende a mañá ata a tardiña. Un dos pratos fortes da Festa da Pataca, o certame de tractores engalanados, resultou de novo todo un éxito.…

O Concello prepara o programa de actividades culturais para o novo curso

  Despois do éxito acadado polo programa cultural desenvolvido durante o verán, no que participaron centos de veciños e veciñas de todas as idades, a Concellería de Cultura e Deportes de Coristanco está a traballar nas actividades que se levarán a cabo ao longo do curso que está a piques de comezar. Se durante os meses de xullo e agosto houbo marchas cicloturísticas, campamentos, talleres…