Listaxe provisional de admitidos e de agarda do Campamento de Pernota XERMOLAR Conciliación Verán

  Procedemos á publicación da listaxe provisional de admitidos e listaxe de agarda do Campamento de Pernota xermolar Conciliación Verán do Concello de Coristanco. Ábrese período de 10 días laborais para renuncia de praza ou formulación de alegacións. O prezo do campamento Pernota Xermolar Conciliación Verán do Concello de Coristanco será 85 € persoa, totalidade duración do campamento. Accede á listaxe AQUÍ

Listaxe provisional de admitidos e de agarda dos Campamento Deportivos e Multiaventura

  Procedemos a dar publicación da listaxe provisional de admitidos e listaxe de agarda en cada quenda dos Campamento Deportivos e Multiaventura. Ábrese un período de 5 días laborais para renuncia de praza ou formulación de alegacións. Dado que non se cubriron as prazas en todas as quendas, queda aberto un periodo extraordinario de prescripción ata completar as prazas restantes. O prezo dos campamentos multiaventura…

O Concello de Coristanco presenta o Programa Xermolar

  O Concello de Coristanco presenta o Programa Xermolar, un servizo de apoio ás familias para lograr o equilibrio da vida persoal, familiar e profesional. Entre as medidas que imos incentivar destacan as seguintes: Servizo de Madrugadores/as: En horario de 07.30 a 09.30h, as familias poderán solicitar a entrada das crianzas nesta aula de Madrugadores/as como recurso para compatibilizar o traballo das familias e o…

CAMPAMENTO XUVENIL CON PERNOCTACIÓN

  O Concello de Coristanco oferta unha interesante e atractiva opción de campamento xuvenil de surf con pernoctación do 20 ao 25 de xullo, nun albergue xuvenil na contorno de Razo. Este campamento incluirá pensión completa, taboa e traxe de surf para os participantes, prácticas de surf diarias, yoga, veladas nocturas, xogos na praia, obradoiros e actividades como longskate, volei praia, sendeirismo, slackline… Prazas: 30…

CAMPAMENTO KENNEBEC

  Observar, experimentar e reflexionar sobre o que nos proporciona a nosa contorna natural, esta é unha das principais premisas sobre as que se asenta o Campamento Kennebec. Un ano máis, o Concello de Coristanco organiza estas xornadas nas que os nenos e nenas poderán achegarse á horta, cheirando, tocando, degustando, escoitando e admirando, observando os diferentes beneficios das plantas, manipulando a terra, seleccionando sementes…